domingo, 30 de noviembre de 2014

Reflexión individual do módulo 3. O marco instrumental.

Neste módulo traballamos sobre o Marco Instrumental do traballo de orientación laboral, é dicir qué técnicas ou ferramentas podemos utilizar á hora de traballar cos nosos usuarios/as na procura ou mantemento do emprego. 

Todo proceso de orientación laboral debe ser adaptado ao usuario/a e debe axustarse en todo momento ás circunstancias do usuario/a. A intervención pode ser individual ou grupal dependendo das necesidades do usuario/a que prentendemos satisfacer.
A función da orientación é a de asesorar e facilitar a toma de decisións de cada usuario/a, en relación coa súa intervención laboral, ofrecendo respostas planificadas conxuntamente a partir dunha diagnose ocupacional, para incrementar ou mellorar a súa ocupabilidade. 
O obxectivo do proceso de orientación é dotar ao individuo dos recursos, habilidades e competencias que lle permitan xestionar de manera autónoma a súa procura de emprego. 

Cales son os instrumentos dos que dispón o orientador/a laboral?

Os Itinerarios Personalizados de Inserción ou IPIs:
Os IPIs son unha ferramenta apropiada para a definición, realización e seguimento dunha secuencia concatenada de accións que leven a acadar o obxectivo da inserción laboral. 
Fases dun itinerario: 
1. Acollida: a entrevista de acollida é a toma de contacto co usuario/a onde se recollen datos indentificativos é a primeira toma de contacto entre orientador/a e usuario/a. 
2. Diagnose: nesta fase ten lugar a "entrevista ocupacional" onde se analiza a súa situación laboral (datos curriculares, capacidades e dispoñibilidade... e persoal cara o emprego, para proceder a realizar unha diagnose completa. O obxectivo é identificar e cubrir axeitadamente as súas necesidades, defininindo un proceso axustado a cada perfil. 

3. Definición do itinerario: estáblecese de acordo co participante unha serie de actividades, estratexias, servizos e programas nos que participará, de xeito planificado. Esta fase require que previamente o usuario/a tome conciencia sobre as capacidades, habilidades e intereses persoais para definir o obxectivo profesional e posibilidades de acadar o obxectivo laboral. 

4. Desenvolvemento: Ao longo desta fase terán lugar as actividades descritas no Itinerario e farase un seguimento por parte do orientador con titorías planificadas, co obxectivo de favorecer a motivación e analizar os progresos acadados e se fose necesario modificar o itienerario. 
5. Remate do itinerario: Cando o usuario/a acada o seu obxectivo ou si abandona o proceso. 

Ao longo de todo o IPI realizaranse actuacións específicas de reforzo e motivación así como actuacións para dar a coñecer as tendencias do mercado laboral. 

A entrevista de orientación laboral: 
O obxectivo da entrevista é que o orientador indague non só sobre as cuestións estritamente académicas ou laborais, senón sobre todos aqueles aspectos que forman parte do currículo oculto da persoa e que permitirán valora cal é o seu punto de partida e o seu nivel de empregabilidade. 

Destacar neste apartado a Entrevista por Competencias. As competencias son as habilidades que unha persoa tivo que utilizar para conseguir uns resultados. son conductas  e maneiras de facer dos que presentan un resultado excelente. Ao falar de competencias estamos a integrar tres conceptos: SABER, FACER E QUERER
O entrevistador céntrase na obtención de exemplos conductuales do candidato na súa vida profesional, académica e persoal, os cuais serán analizados e servirán como elementos de predicción sobre o comportamento do candidato no seu futuro laboral cercano. Para iso realízanse preguntas que axuden ao candidato/a a recordar situacións específicas ás que tivo que enfrentarse e o resultado que obtivo. 
No seguinte enlace podemos ver unha boa guía para levar a cabo este tipo de entrevista e as preguntas tipo que se realizan: http://goo.gl/ivl3fm

O proceso de análise de perfis profesionais e a prospección de emprego:
O orientador xunto co usuario/a deben analizar os recursos de información dispoñibles para facer unha análise dos perfís profesionais que está a demandar o mercado e que poden orientar a procura de emprego do usuario: ofertas laborais publicadas; os certificados de profesionalidade da Consellería de traballo e Benestar, onde se acredita unha cualificación do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais; o Instituto Galego das Cualificacións proporciona información sobre ocupacións e indicadores do mercado de traballo; contactos...

A prospección de emprego: acción de informar, asesorar e detectar necesidades das empresas, así como achegar solucións, ademáis de sensibilizar ao empresariado sobre os colectivos obxecto de inserción laboral e das súas oportunidades como traballadores/as ou outros aspectos de interese para o desevolvemento de actitudes e de responsabilidade social. 
Á hora de facer un proceso de prospección é fundamental coñecer moi ben o perfil do colectivo ao que estamos a atender para poder dirixir a proceso e personalizalo. 
O proceso de prospección permite dar a coñecer ao tecido empresarial unha bolsa de profesionais cualificados que doutro xeito non serían visibles polas súas dificultades de acceso ás ofertas, e tendo en conta, ademais, que moitas ofertas non se chegan a publicar. E por outra banda, permite que determinados colectivos de usuarios/as teñan acceso a ofertas de traballo que doutro xeito non serían accesibles, xa que non dispoñen dos recursos necesarios para a procura de emprego. 
A prospección require moita preparación por parte do orientador e moito traballo de campo, pero é unha das ferramentas máis efectivas para a inserción laboral, e que ademais permite ver as necesidades do tecido empresarial á hora de formar candidatos cualificados de acordo as carencias formativas detectadas nesas visitas e entrevistas de prospección coas empresas. 
No seguinte enlace deixo unha guía para a realización dun proceso de prospección de emprego: http://goo.gl/5RsOO6

Técnicas e ferramentas para o emprego e autoemprego:
Unha vez que o usuario/a ten o seu obxectivo profesional definido, existen diferentes técnicas e ferramentas para a procura activa de emprego. Traballaremos co usuario/a na orientación da realización do seu Currículum orientándoo sobre cal é máis adecuado dacordo co seu perfil (cronolóxico, funcional, por competencias, Europass...) insistindo en que o currículum é a nosa carta de presentación ante unha empresa que está a buscar candidatos, polo que hai que traballalo, actulizalo e adaptalo a cada oferta. Neste punto, incidiremos nas novas ferramentas para a procura de emprego: webs de empresas, portais de emprego, redes sociais profesionais (Linkedin) e xenéricas (Facebook, Twitter, etc.), novas ferramentas (videocurrículum, blogues, etc.).

Cando estamos a falar de autoemprego a ferramenta por excelencia é o Plan de Empresa, nas titorías de autoemprego traballaremos a participación activa do usuario/a no estudio da madurez e viabilidade do seu proxecto axudándonos en diferentes ferramentas como son as que están a nosa disposición na páxina do IGAPE, destacando a guía para a realización do plan de empresa. 

Si na procura de emprego por conta allea o currículum é a nosa identidade, á hora de crear o noso propio posto de traballo, o Plan de Empresa é a nosa carta de presentación ante un posible investidor, ante un posible cliente ou proveedor, ante unha entidade bancaria á que presento unha solicitude de financiación, etc.. É por iso, que o plan debe ser claro, conciso, breve, ben estruturado e de fácil lectura, onde quede totalmente claro cal é o meu proxecto, cómo se vai financiar e cómo o vou dar a coñecer. 


María Lloves





No hay comentarios:

Publicar un comentario