lunes, 10 de noviembre de 2014



AS AXENCIAS PRIVADAS DE COLOCACIÓN




O Servizo Público de Emprego  acaba de axudicar a  seis axencias privadas de colocación a tarefa de atopar traballo aos desempregad@s de máis difícil inserción laboral.
No ano 2010 co goberno do PSOE un Real Decreto abriu a porta a colaboración coas axencias de colocación e impulsadas máis tarde pola reforma laboral do PP no ano 2012.
Procurar traballo en España cunha taxa de desemprego do 23,67% resulta as veces unha odisea ,fundamentalmente para os desempregad@s que teñen máis de 45 anos, ,dedicados a sectores en crise como a construción entre outros e ademáis con escasa  formación. Segundo a última Enquisa de Poboación Activa  en España  o número de desempregad@os sitúase en 5.427.700 millóns; Bruselas recomendou a España en maio do ano pasado que reforzara e modernizara os servizos públicos de emprego e acelerara a colaboración público privada.
Os primeiros desempregad@s que as axencias de colococación procuraran emprego son os beneficiarios do plan PREPARA , requIsito que o SEPE impuxo ás axencias axudicatarias deste concurso. Este colectivo está formado por desempregad@s de longa duración que xa esgotou todas as prestacións por desemprego. Reciben 420 euros durante seis meses improrrogrables e somentes poden percibir esta axuda una vez.
As cantidades que percibirán as axencias de colocación oscilarán entre 300 euros por persoa ata os 3.000 euros, dita cantidade cobraráse sempre que os contratos señan por un prazo equivalente polo menos a seis meses a tempo completo nun período de oito meses. Tamén pagaráse ata un 15% da  cuantía da inserción pola resolución de irregularidades que conclua con a imposición dalgunha sanción ao desempregado e que se lle pagará aínda que non se lle consiga o emprego.
O departamento de Emprego ten dende o ano pasado destinado un presuposto de 200 millóns de euros para estas axencias por un período de catro anos. Os contratos serán suscritos polos Servizos Públicos de Emprego das Comunidades Autónomas; catorce  delas asinaron o ano pasado os convenios para participar.
Os sindicatos amosan a súa disconformidade coas axencias de colocación privadas, manifestan que estamos asistindo ao desmantelamento dos servizos públicos de emprego. O orzamento  das políticas activas de emprego disminui un 30% e o Goberno desfixose de 300 orientador@s e promotores de emprego que traballaban nos SPE. Considerán que vai primar máis os criterios de lucro e que as axencias privadas van colocar aos desempregad@s máis fácil de insertar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario