lunes, 10 de noviembre de 2014

A CURACIÓN DE CONTIDOS
Para min, é un concepto novo (como tantos) que descubro a raíz do curso, o que considero que é un recurso práctico xa que o tempo é escaso e non podemos “perdelo” navegando por internet.
Entendo que internet trouxo moitas cousas novas, cambia o noso mundo por completo e para sempre. Internet é unha fonte inmensa de oportunidades e sobre todo de información. Información que se duplica cada hora e que multiplica o sentido da existencia da curación de contidos e a análise da información.
E é que tanta proliferación de contidos fai que nos afoguemos literalmente cunha sobrecarga de información: INFOXICACIÓN.
                           
¿QUE É A CURACIÓN DE CONTIDOS?
A curación de contidos consiste en buscar, encontrar e seleccionar os contidos e informacións relevantes para distribuílos de forma segmentada.
A curación de contidos enmárcase nunha estratexia de achegar valor separando o gran da palla no que se coñece como fluxo de información ou
infoxicación.
O sentido detrás de todo isto reside en mellorar a capacidade de asimilación de información e evitar a saturación por exceso de información.
O obxectivo é filtrar os contidos a través dun proceso sistemático, máis ou menos automatizado que nos aforre tempo e facilite a toma de decisións.


               

En definitiva, a curación de contidos permítenos salvar o problema do exceso de información dunha forma sistemática e sinxela.
Estas son só algunhas das moitas ferramentas para axudar na curación de contidos. Interesantes para utilizar no meu día a día e para facilitar o meu traballo.
Recoñezo que son super útiles, axudan a aforrar tempo e permiten encontrar contidos que ao mellor doutra forma non tivera coñecido.

Feedly é un lector RSS e permítenos agregar e acceder rapidamente a todas as nosas fontes de noticias. Só fai falta engadir as páxinas do noso interese e teremos nun só lugar todas as actualizacións que se vaian xerando.
 É unha ferramenta moi útil para aforrar tempo, ter organizadas as nosas fontes favoritas e non perdernos ningún contido.
O seu maior atractivo é a súa simplicidade e a posibilidade de ter centralizada toda a nosa información.
A captura do meu primeiro FEEDLY:





Scoop.it é unha ferramenta de curación de contidos ideal para facer buscas polos nosos temas de interese, seleccionar contidos, gardalos por categorías e compartilos coa nosa comunidade.
Funciona creando topics onde recompilamos os contidos que máis nos gustan sobre un tema determinado.
Ofrécenos unha gran cantidade de suxestións de artigos e publicacións segundo as áreas de interese e palabras clave que seleccionamos e nos permite crear tantos topics como queiramos.
Podemos etiquetar os nosos contidos, facer anotacións e compartir en redes sociais.
A captura do meu primeior SCOOP.IT




Recoñezo que son super útiles, axudan a aforrar tempo e permiten encontrar contidos que ao mellor doutra forma non tivera coñecido.






No hay comentarios:

Publicar un comentario