martes, 23 de septiembre de 2014
Nube de intereses profesionais Alejandra
Boas noites, por fin me decido a publicar a miña nube de intereses profesionais!!!
Cando vin o montón de imaxes para escoller a forma pensei en que tardaría en decidirme pero cando vin a man non dudei en escollela porque representa moi ben o que pensei ao escoller facer este posgrao de especialización en Orientación Laboral.
Decidinme a facelo primeiro porque sempre me atraeu este campo profesional, eu proveño do Traballo Social e a miña formación complementaria na que me seguín formando foi o campo da terceira idade e comparando un campo con outro ... pois non ten nada que ver a verdade pero sempre me quedou esa espiniña cravada... e por fin ma quitarei!
A man aberta para min representa unha disposición a recibir e dar cousas novas, formación nun ámbito descoñecido para min, cooperación entre compañeiros e profesionais de distintos ámbitos para xuntos facer mais ameno este camiño e alcanzar unha boa aprendizaxe, mellorar as miñas posibilidades de emprego propias e poder axudar aos demais a que o acaden... e con todo esto un enriquecemento tanto persoal como profesional que estou segura que acadarei.
"ME LO CONTARON Y LO OLVIDÉ; LO VI Y LO ENTENDÍ; LO HICE Y LO APRENDÍ" (Confucio)
jueves, 18 de septiembre de 2014
Experimentando con Tagxedo
A imaxe que escollín como podedes observar é unha especie de nube, nube que neste caso representa ao meu cerebro, no cal vou almacenado e rexistrando cada día o aprendido no curso.
Os meus intereses para realizar o Posgrao de Especialización en Orientación Laboral baséanse nunha palabra clave que é “aprendizaxe”, aprender adquirindo novos coñecementos no eido da orientación laboral, coñecer recursos útiles, ferramentas e aplicacións informáticas que poida empregar no meu traballo diario.
miércoles, 17 de septiembre de 2014
GRUPO INSÉRTATE
Mi nube de intereses profesionales.
Comezamos....a miña nube de intereses profesionais
Esta é a miña nube de intereses profesionais, as áreas que me interesan e nas que traballei ata o de agora son o emprendemento e a creación de empresas; o asesoramento e fomento da economía social, a través da fórmula cooperativa; a orientación e inserción laboral; a formación; as novas tecnoloxías aplicadas ao asesoramento e a procura de emprego, e algunha máis que probablemente teña olvidado.
Representeina coa forma dunha chamada polo que ten de estar atento sempre e continuamente actualizado e formándose neste sector no que cada día hai novidades normativas e no que cada día aparecen novas ferramentas e recursos que axudan ao traballo diario.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)